O xoves 29 de febreiro, ás 19.30 horas, na Fundación Luis Seoane o profesor da Escola Óscar Fuertes participará co seu estudo Fuertes Penedo no encontro e conversa do ciclo Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica, xunto ó arquitecto Sergio Sebastián.
Este ciclo, organizado polo profesor da Escola Carlos Pita, reinvindica o diálogo como ferramenta para a difusión da arquitectura galega máis recente. Unha mirada curiosa e crítica á profesión, unha vontade de escoitar, de ollar, de ver, de saber que fixeron e que están a facer outros arquitectos. Un marco aberto ao encontro e ao coñecemento.