Este ano 2024, a primeira práctica de curso na materia Construción 1 consistiu en deseñar e construír un refuxio para unha persoa en situación de rúa, que lle puidese servir para pasar a noite e que fose fácilmente transportable.
A maiores dos obxectivos propios da materia que teñen que ver coa materialidade da construción, a práctica dou pé a que os estudantes de primeiro curso fosen coñecedores dunha realidade que moitas veces é invisible.
Estas son algunhas imaxes dalgúns dos exercicios presentados. Máis imaxes no Instagram da Escola.