Cursos de capacitación corte laser e impresión 3D

Cursos de capacitación OFabdaETSAC segundo cuadrimestre 2024

O vindeiro martes 20 de febreiro OFabdaETSAC inicia os cursos de capacitación para o uso autónomo das máquinas en horario de apertura do laboratorio. Os cursos de dúas horas de duración impartiranse os luns en horario de mañá e os martes en horario de tarde e están abertos a toda a comunidade da ETSAC.
É imprescindible reservar nesta ligazón á aplicación Bookings.
Importante: Establecemos un máximo de seis asistentes por curso e un prazo de 28 días para realizar a reserva. En caso de imposibilidade de participación no curso é necesario cancelar a reserva para liberar a praza cunha antelación mínima de 24 horas ao comezo do curso. No caso de que non se cancele a reserva en tempo e forma aplicarase unha penalización de 60 días para calquera outra reserva no Laboratorio.