O mércores 7 de febreiro, ás 18 horas, a materia Hábitat Básico, en colaboración coa Asociación Habitamos, organiza unha charla aberta en Microsoft Teams de Suha Abughazala, arquitecta e experta en proxectos de rehabilitación, vivenda e cooperación na Franxa de Gaza.
Suha Abughazala falará da súa experiencia como arquitecta gazatí da utilización da vivenda e da limitación do dereito ao hábitat como ferramenta de opresión no contexto palestino.