A segunda conferencia do ciclo Casas Modernas/2 terá lugar o vindeiro martes 6 de febreiro. O profesor da Escola Fernando Agrasar impartirá a charla sobre a “Casa Samuel Janeiro”, construción do ano 1979 situada en Vigo obra do arquitecto Xosé Bar Bóo. Será ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Conferencia de Fernando Agrasar na RAGBA
Publicado en: principal
– 3 Febreiro, 2024