O profesorado das materias Historia da Arquitectura 1 e 2 organizou estes días unha viaxe de estudos a Roma. Durante cinco xornadas explicáronse e visitáronse de xeito colectivo as obras máis salientables da cidade, desde a antigüidade á contemporaneidade, incluíndo un desprazamento en autobús para percorrer a Vila Adriana en Tivoli. Ó alumnado de Historia da Arquitectura sumáronse estudantes doutros cursos e profesorado doutras materias, conformando unha experiencia moi entretida e enriquecedora de aprendizaxe compartido fóra das aulas.
Viaxe de Historia da Arquitectura a Roma
Publicado en: principal
– 1 Febreiro, 2024