Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG – EGAP

 

O pasado venres abriuse o prazo de matrícula para o Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2024/25, organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública.

O curso ten como obxectivos que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para traballar nas disciplinas da ordenación do noso solo e responsabilizarse dos procesos de xestión do territorio. O estudo do urbanismo e a ordenación territorial farase partindo da normativa urbanística española estatal, facendo referencia, nos aspectos de maior interese, á normativa autonómica e, especialmente, á da Comunidade Autónoma galega.

Máis información e inscripción