O Colexio de Arquitectos de Galicia quere facer visible a alta capacidade de arquitectas e arquitectos de Galicia con menos de 40 anos. Sendo conscientes de disparidade de actuacións, ubicacións e circunstancias que acompañan o inicio da actividade profesional, a Xunta de Goberno do COAG decidiu lanzar unha convocatoria aberta para visilibilizar as accións, proxectos e intervencións mais relevantes elaborados en Galicia ou por persoas nacidas en Galicia ainda que estén traballando fora.
Entre todos eles seleccionaranse un máximo de 30 proxectos/accións para ser expostos nun evento no que se fara unha homenaxe a quenes fundaron o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia hai agora 50 anos.