A Fundación Alejandro da Sota convoca cuarta edición do Concurso Internacional InstaFASota que terá lugar en Instagram.
Despois do éxito das tres edicións anteriores, o obxectivo será deseñar unha imaxe elaborada, de creación ou interpretación libre e que, baseándose en calquera das obras construídas ou os proxectos de Alejandro de la Sota, plasme o tema do concurso. A técnica segue sendo libre, podendo elixir entre fotografía, debuxo, fotomontaxe ou colaxe.