O mosteiro de Celanova acolleu esta fin de semana a entrega dos premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2023, organizados polas delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O acto contou coa presenza do director da ETSAC e os trece recoñecementos inclúen obras proxectadas por arquitectos e arquitectas que se formaron na nosa Escola e por profesorado do centro, como Cristina García Fontán, galardoada pola recuperación patrimonial e paisaxística dos baños de San Xusto (Cerdedo-Cotobade); Cristina Ansede Viz, co seu estudo AnsedeQuintáns, galardoada polo edificio de vivendas na rúa Pi e Margall de Vigo e Santiago Pintos Pena, co seu estudo Rodríguez + Pintos, galardoado pola vivenda unifamiliar en Montalvo (Sanxenxo).