Alfonso e Óscar Bar, fillos do Arquitecto e profesor Xosé Bar Boo, visitaron a ETSAC o pasado luns 27 de novembro.
A seguir trasladáronse á UDC onde asinaron ante o Reitor o acordo para ceder o legado de Xosé Bar Boo á UDC.
Na súa visita estiveron acompañados por Alicia Garrido e por Jaime Blanco, estudosos e profundos coñecedores da obra de Bar Boo.
O martes 28 a aceptación do legado resulta aprobada por unanimidade polo Consello de Goberno da UDC, que asume a decisión previa, por aclamación, da xunta de Escola da ETSAC.
A ETSAC agradece publicamente á familia Bar a súa enorme xenerosidade plasmada no legado, comprometéndose a facer deste fondo un vector para o coñecemento, difusión e análise da extraordinaria obra de Bar.