O programa Conciencia da Universidade de Santiago xunto coa ETSAC celebra a arquitectura de Chipperfield.
O arquitecto David Chipperfield, gañador da edición 2023 do Premio Pritzker, será o vindeiro convidado da próxima sesión do programa ConCiencia da Universidade de Santiago.
O evento desenvolverase arredor da intervención maxistral de Chipperfield, quen será introducido pola laudatio do director da nosa Escola, Plácido Lizancos. Pecharase a sesión cun coloquio no que participarán Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC e director do CISPAC; a arquitecta Carolyn Steel; Luciano Alfaya, decano do COAG e Luz Paz Agras, profesora da ETSAC.
O acto é de acceso libre ata completar a capacidade do espazo. Terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea de Compostela o 8 de novembro ás 19.00 horas.