Dende o grupo Igualdade de Xénero da ETSAC convócase o II Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero _ PASCUALA CAMPOS DE MICHELENA co obxecto de incentivar a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de graos e mestrados, e contribuír, deste xeito, a promover a introdución da perspectiva de xénero na investigación e a docencia na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
Neste concurso contémplanse dúas modalidades distintas: traballo fin de grao TGF e traballo fin de mestrado TFM.
Poderán presentarse os traballos fin de grao e fin de mestrado defendidos nos últimos catro cursos académicos: 2021/2022 y 2022/2023; en calquera das titulacións oficiais de grao e mestrado impartidas na ESTSAC, durante os períodos de tempo antes indicados.
O prazo de presentación dos traballos permanecerá aberto desde o día seguinte da publicación desta convocatoria ata as 14 h do 15 de outubro de 2023.
Atopa as bases aquí.