Celebración do acto de graduación dunha nova promoción do Grao en paisaxe

O venres 28 celebrouse na ETS de Arquitectura o evento de Depedida das egresadas e egresadas do Grao en Paisaxe. Un total de dez profesionais recibiron a beca que simbolicamente lle abre o seu futuro profesional no eido do paisaxismo. Un futuro que para os titulados e tituladas é de pleno emprego.

O evento xuntou na ETAC a egresados e egresadas con autoridades académicas da UDC e da USC -que comparten o título xunto- coa Directora Xeral de Urbanismo, Dª Encarna Rivas Díaz, o Director do Instituto de Estudios do Territorio, Enrique de Salvador, o Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Luciano Alfaya e a presidenta na Coruña desta institución profesional, Ruth Varela.

Actuaron como madriña Yolanda Pérez e como padriño o profesor Horacio García que despediron con emoción ao estudantado.

Na despedida recordóuselle aos xa profesionais que a actuarán sobre os espazos sensibles da nosa sociedade. Eses espazos que producen os nosos alimentos e a nosa auga, os espazos que atesouran a nosa memoria construída, os lugares onde nos socializamos e recibimos a quen nos visita así como ámbitos produtivos dos que extremos enerxía e recursos económicos.