Nunha gala celebrada no Museo del Prado este 22 de xuño, o Consejo Superior dos Colegios de Arquitectos de España entregou os seus seus galardóns, como ven facendo desde 1931.
Atopa o enlace a topa a info aquí.
Os proxectos gañadores son unha mostra das máis sobresaíntes contribucións á mellora da calidade do hábitat humano, á saúde das persoas e sustentabilidade do planeta, non só desde a obra edificada, tamén dese a investigación, a divulgación e a innovación.
Na categoría “Valores profesionales y éticos” resultou gañadora a proposta “Escuela inicial 140 en la comunidad de Santa Cruz de Villacuri “Barrio Chino”, Ica, Perú” da que son autores os alumnii da ETSAC do Atelier Ander Bados (Ander Bados Sesma) e Estudio Copla (Betsaida Curto Reyes) e a promotora da obra, a ONG All Hands and Hearts.
O máximo galardón, que recoñece as mellores traxectorias profesionais, foi concedido ao Catedrático de Proxectos, da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, César portela Fernández –Jardón.
Nun emotivo discurso Cesar lembrou o seu paso pola academia, onde segundo as súas palabras sempre aprendeu do seu alumnado. Portela recordou que a súa ampla traxectoria, inzada de obras realizadas desde Galicia para o mundo enteiro fundaméntase na súa comprensión da arquitectura como un servicio á sociedade para alcanzar as mellores condicións de vida.
A ETSAC agradece ao CSCAE a organización e aos premiados e premiadas, o seu traballo en prol do avance da arquitectura.