Estuda GRAO EN PAISAXE

GRAO EN PAISAXE (UDC + USC)

Primeiro Grao Oficial Interuniversitario de Galicia pola Universidade da Coruña (UDC) e pola Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Vive dous centros altamente especializados en dous campus diferentes de dúas universidades galegas: 1o y 2o curso na EPS de Enxeñaría (Lugo) e 3o e 4o curso na ETSAC (A Coruña). Impartido por profesorado especializado da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ETSAC e da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC).

Saídas profesionais:

Este perfil profesional está relacionado con diversos sectores estratéxicos de Galicia, tales como o urbanismo, a planificación,
a agricultura, a gandería, a pesca, a piscicultura, o turismo, os servizos públicos, a cultura, a sustentabilidade, a industria, as infraestruturas, o transporte… Algúns deles, ademais de estratéxicos, na actualidade son sectores emerxentes dentro da demanda social e económica. Dunha forma máis concreta descríbense as saídas profesionais:

– Deseño, restauración, xestión, mantemento e administración de espazos abertos privados e públicos como xardíns, parques, viarios ou prazas axardinados, contornas de complexos turísticos, industriais, comerciais, deportivos ou educativos, etc., así como a contorna de infraestruturas públicas como estradas, presas, minas, vertedoiros, etc.
– Desenvolvemento e aplicación de estratexias e procesos de deseño, xestión e plans paisaxísticos a todas as escalas do territorio. – Restauración de espazos alterados coa aplicación das oportunas medidas de corrección ambiental.
– Realización de avaliacións de impacto ambiental.
– Realización de estudos sobre clima, chan, flora, fauna, augas superficiais e subterráneas e drenaxes para proxectos relacionados co paisaxismo e a contorna construída.
– Realización de estudos económicos e proxectos de paisaxismo.
– Asesoramento, consultoría, investigación e ditames técnicos.

Atopa o cartaz aquí.

Non deixes de visitar o noso Facebook.