IACOBUS

Dende o martes 30 de Maio ata o sábado 3 de Xuño celebrouse na ETSAC a reunión das escolas de arquitecturas integrantes do programa IACOBUS.

Asistiron os profesores e profesoras seguintes:

-Anne Beer da  OTH Regensbur

-Emma Harutyunyan, Arev Samuelyan, Lyuba Kirakosyan, Lyusin Mamyan da NUACA

-Ereván Marina Frisenna, François Gena, Pascal Noé da ULiège

-Yvon Cottier, Mathilde Lavenou, Louis de Dinechin da  ENSA Clermont-Ferrand xunto con Claude Gaillard (exprofesor de ENSACF e fundador do Iacobus), Julie Gaillard (responsable da tramitación do doble título ENSACF-ETSAC)

O martes 30 fixose un breve recorrido por Santiago e despois continuou a Pontevedra para poder falar sobre o emprazamento e o programa do Iacobus 24.

Fixose a presentación dos proxectos dos alumnos e alumnas das cinco universidades sobre o traballo de reconversión do Antigo Hospital de Thiers nun edificio multifuncional que acollerá o Museo da Cuchillería e espazos para diversas asociacións culturais locais. Asistiron 71 alumnos e alumnas : 22  da ENSACF , 13 da OTH,  5 da NUACA, 17 da ULiège e 14 da ETSAC.