Desde o día 15 ao 18 de Maio estiveron na ETSAC unha delegación dos departamentos de arquitectura do IMUT de Hohhot (Inner Mongolia University of Technology) e do HIT de Harbin (Harbin Institute of Technology), ambas as en China. Esta visita forma parte dunha serie de reunións iniciadas fai anos. Afortunadamente, os intercambios internacionais con China son posibles este ano e así esta é a primeira reunión presencial que se fai tras a pandemia, para realizar unha revisión dos froitos destes anos de colaboración e para definir o marco no que poidan desenvolver as actividades conxuntas nos próximos anos, identificando a apertura de novos espazos de traballo e atendendo a renovación do actual convenio con IMUT e con HIT .
Os integrantes da delegación foron recibidos polo reitor o martes día 16 e realizaron visitas a Coruña e Santiago acompañados por unha delegación do profesorado e pola dirección da escola.
O día 18 realizouse un jury conxunto no que se presentaron os proxectos desenvolvidos no curso 2022-23 polos estudiantado das escolas de IMUT, HIT e Coruña, contando con profesorado e co estudiantado das tres escolas.
Tras esta reunión en Coruña realízase unha viaxe do director da escola a Harbin e a Hohhot para proceder a asinar o novo protocolo entre as tres universidades. Están previstos sucesivas reunións multilaterais cos equipos de goberno das universidades e departamentos de arquitectura do IMUT e do HIT, de Hohhot e Harbin respectivamente.