O Venres 9 de xuño a delegación da ETSAC, formada polo seu Director e o profesor Luis Walter Muñoz reuníronse coa Directora do Instituto Cervantes en Beijing, Marta Cervera.
Analizáronse as liñas de traballo desa institución española susceptibles de adecuarse aos intereses do proxecto da ETSAC en China, que inclúen a renovación do actual convenio co IMUT e o HIT e a identificación e apertura de novos espazos de traballo.Están previstos sucesivas reunións multilaterais cos equipos de goberno das universidades e departamentos de arquitectura do IMUT e do HIT, de Hohhot e Harbin respectivamente.