“Odio ou Convivencia”

Chamado a participantes.
Estudantado e profesorado da ETSAC

A organización do evento Acampa vai instalar no mundo nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruñao o seu xa clásico campamento de sensibilización ante a situación das persoas refuxiadas.

Este ano terá por argumento “Odio ou Convivencia” e abrirase ao público os días 16, 17 e 18 de xuño próximo.

O proxecto –que ten unha ampla repercusión mediática- é alzado colaborativamente e require certas capacidades técnicas e espaciais. Por eso a organización solicita a participación de persoas voluntarias da ETS de Arquitectura que apoien a súa construción no xardín central de Méndez Núñez.  O “campamento” emula as condicións de refuxio, sempre precarias, en varias partes do mundo. 

Cada persoa voluntaria traballaría un tal de 16 horas a razón de 4 horas diarias, que serían certificadas como pasantía da rede Acampa, un evento internacional.

O proceso de execución realizaríase os días 12, 13, 14 e 15 de xuño de 2023.

Todas as manifestacións de interese deberanse facer antes das 15 horas do venres 2 de xuño ao email da secretaría da ETSAC secretaria.direccion.etsac@udc.gal

+ info da rede Acampa Programa 2022 – Acampa – Pola paz e o dereito a refuxio (redeacampa.org)

A noticia nos medios Acampa instalará en Méndez Núñez un campamento de refugiados arrasado por las llamas – La Opinión de A Coruña (laopinioncoruna.es)

Anos pasados Acampa muestra en Méndez Núñez la situación de millones de refugiadas (lavozdegalicia.es)