POSICIÓN DA DIRECCION DA ETSAC ANTE O PROCESO DE MODIFICACIÓN DO “DECRETO 29/2010, DE 4 DE MARZO, POLO QUE SE APROBAN AS NORMAS DE HABITABILIDADE DE VIVENDAS DE GALICIA”.

Consideracións

1. A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), vinculada funcionalmente á Universidade da Coruña, é unha institución pública que desde a súa creación en 1973 ten por misión a docencia, a investigación e difusión da cultura arquitectónica en Galicia.

 2. O hábitat humano é un dos ámbitos naturais do quefacer da ETSAC.

3. A ETSAC é unha institución atenta aos requirimentos da sociedade galega, que se sinte responsablemente obrigada a respostar ás demandas desta.

4. A ETSAC non foi invitada nin coñecedora por ningunha canle formal do proceso de modificación do “Decreto 29/2010, de 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia”.

Por esto e tendo coñecemento da proposta de “Proxecto de decreto de modificación do Decreto 29/2010, de 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia”, exposto ao público no Portal da Transparencia da Xunta de Galicia para ser sometida ao trámite de achega de alegacións, a Dirección da ETSAC

Alega

1. Solicita a recondución do proceso de achega de alegacións proposto dende a Xunta de Galicia cara un debate ampliado e calmado, técnico e neutral, que inclúa especificamente a tódalas partes implicadas entre as que a ETSAC se recoñece.

2. A ETSAC ofrécese a participar nese proceso de forma activa para acadar a óptima configuración do hábitat en Galicia.