Lourizán, Renaturalización da Ría de Pontevedra no ámbito actualmente ocupado por Celulosas

Onte presentouse no Teatro Principal de Pontevedra Presentación o “proxecto ApS: Lourizán, Renaturalización da Ría de Pontevedra no ámbito actualmente ocupado por Celulosas.
Este Proxecto de Aprendizaxe e Servizo foi levado a cabo neste cuadrimestre polo alumnado e profesorado das materias de Paisaxe e Hábitat Sostible, Ordenación do Territorio e Proxecto da Paisaxe 3 da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, en colaboración coa Asociación Pola Defensa da Ría e o Concello de Pontevedra.”
Noraboa a todo o alumnado participante, foi todo un éxito a presentación e unha moi boa experiencia de colaboración entre o alumnado do Grao en Paisaxe do Grao en Estudos de Arquitectura coordinado polo profesor Jorge Rodríguez.
Atopa a nova publicada no Diario de Pontevedra aquí.