Ante as enormes dificultades para o acceso a unha vivenda digna e accesible en Galicia, as entidades do Terceiro Sector galego e a Escola Técnica Superior de Arquitectura presentan a exposición “EmerxenciaVivenda”
Cando: Martes, 9 de maio, 11:30 a 12:00 horas
Onde: Escola Técnica Superior de Arquitectura (Campus da Zapateira) A Coruña
As entidades do Terceiro Sector social galego integradas na Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) e a Escola Técnica Superior de Arquitectura presenta publicamente a exposición itinerante #EmerxenciaVIvenda. Con fotografías e testemuñas se mostran situacións reais e actuais das dificultades de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible que sofre gran parte da cidadanía galega.
No acto presentaranse tamén as demandas para que Xunta, concellos e as candidaturas nas vindeiras eleccións municipais afronten esta problemática que está xa a actuar como un aspirador de rendas que obriga ás persoas en pobreza a priorizar gastos, incluso na calidade da alimentación, e impide de facto o éxito nos procesos e medidas de inclusión social.
No acto participaran a dirección da ETSAC, así como Saray Durán e Javier Hermida, da Xunta Directiva de EAPN Galicia en nome de Ecos do Sur e da Federación Alzheimer Galicia, Xosé Cuns, director de EAPN e representantes de organizacións sociais de A Coruña.
EAPN (European Anti Poverty Network) é unha coalición independiente de ONG e outros grupos involucrados na loita contra a pobreza e a exclusión social nos Estados membro da Unión Europea. Desde 1990 traballa para a erradicación da pobreza e a exclusión social buscando que as persoas afectadas por estas lacras poidan exercer os seus dereitos.
+ info www.eapn.eu
+ info do capítulo galego da eapn: https://eapn-galicia.com/es/