I PREMIO WE SEA-UDC 2022 A TRABALLOS FIN DE GRAO E MESTRADO EN SUSTENTABILIDADE E ECONOMÍA CIRCULAR
- 1.000€ en cada modalidade (mellor TFG e mellor TFM)
- 3 meses de prácticas remuneradas (650€/mes)
- Publicación do traballo nunha colección da UDC baixo licencia CC BY-NC-SA 4.0.
Prazo de presentación aberto ata o 22 de abril de 2023 (14:00h.)
BASES DA CONVOCATORIA | corrección de erros da convocatoria (ligazón formulario inscrición correcta)
A Universidade da Coruña e Conservas Rianxeira S.A.U. (JEALSA), esta a través do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa “We Sea”, convocan o “I Premio We Sea‒UDC aos mellores traballos de fin de grao e traballos de fin de mestrado en materia de sustentabilidade e economía circular”.
Esta convocatoria ten por obxecto o recoñecemento daqueles Traballos de Fin de Grao (TFG) e Traballos de Fin de Mestrado (TFM) da UDC defendidos ao longo do ano 2022 que mellor integraren as dimensións da sustentabilidade nos seus proxectos e que sexan merecedores dun especial recoñecemento pola súa claridade, orixinalidade, definición de obxectivos, pertinencia e relevancia, metodoloxía da investigación utilizada, análise de resultados, aspectos formais do traballo e proxección que poida acadar no ámbito da sustentabilidade e a economía circular.
COMO PRESENTARSE
- Cubrir o FORMULARIO EN LIÑA
- Descargar o formulario cuberto
- Entregar o formulario en Rexistro*, dirixido á Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade e coa Referencia ou asunto “Premios We Sea-UDC”.
- Enviar ao correo oma@udc.gal unha Memoria publicable do traballo (detalles nas bases da convocatoria). Non hai que entregar este documento en rexistro.
*Rexistro Electrónico da UDC, ou ben Rexistro Xeral da UDC (Maestranza, 9, 15001 A Coruña), ou nos rexistros auxiliares do campus da Coruña ou do campus de Ferrol. Asemade, poderán presentarse por calquera dos procedementos previstos no Artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.