Presentación e proxección do documental “PARAÍSO ROUBADO”

A proxección será comentada por parte da “Asociación Pola Defensa da Ría”, de Pontevedra.

Lugar: Espazo polivalente da planta -2 da Escola Técnica Superior de Arquitectura.
Data: xoves, 23 de marzo / 17:00h
Entrada libre, aberta a todas as persoas interesadas.

Este documental aborda a realidade de Lourizán entre finais do século XIX, cando Montero Ríos establece a súa residencia galega neste auténtico paraíso, e a chegada da fábrica Celulosa nos anos 60 do século XX, momento supón a destrución da riqueza natural, paisaxística e económica desta parroquia pontevedresa,

O documental reúne unha serie de testemuñas de veciños do lugar, que van dende o avó do director ata outras voces da zona, mesturadas coas de profesores universitarios, investigadores e historiadores, que defenden a tese do paraíso roubado.

A cinta foi dirixida por Lukas Santiago e producida en colaboración entre o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, o Museo de Pontevedra e a Cartoteca Provincial ‘Domingo Fontán. Foi exposto em números festivais nacionais e internacionais e agora exponse na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña.