Nun acto celebrado no auditorio do complexo fabril de Sargadelos en Cervo celebrouse a entrega dos premios COAG, que nesta vixésima edición acadaron una participación récord. Púxose en evidencia o altísimo nivel da arquitectura producida en Galicia, destacando a
enorme cantidade de propostas presentadas por profesionais moi novos, unha notable presencia de arquitectas e a amplísima representación do traballo de profesionais vinculados á ETSAC.
Os premios foron entregados por profesionais de longa traxectoria profesional, sendo entregado o premio á vivenda pola Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.
O premio á traxectoria vital, como xa se informou aquí, foi entregado á Catedrática da ETSAC, Pascuala Campos, quen non puído asistir ao evento mais enviou unha emotiva mensaxe, lembrando o seu paso pola escola e animándonos a seguir traballando a prol dunha arquitectura de calidade e da construción dunha sociedade inclusiva.
Parabéns a premiadas, premiadas, finalistas e participantes así como a clientes, usuarios e usuarias, construtores e promotores, que fan posible unha arquitectura de tan alta calidade nesta terra.
+ info: XX Premios COAG | COAG