A profesora Particia Muñiz, con docencia na ETSAC e na Facultade de Humanidades e Documentación resultou premiada na convocatoria do II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global que promove a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.
Patricia recibe o premio na categoría de “Ensinanzas Universitarias” pola súa proposta “Deseño Social e Ambiental Sustentable” coordinando un traballo realizado polo alumnado da materia de Deseño de Moda do 2º curso do Grao buscando crear reflexión e debate sobre os efectos que teñen os nosos actos de consumo, tratando de potenciar a reciclaxe, a economía circular e o comercio xusto. .