O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) celebra na fábrica de Sargadelos (Cervo, Lugo) a gala de entrega dos XX Premios COAG.
Ofrece ata 10 prazas para alumnado da ETSAC para asistir gratuitamente ao evento, que terá lugar o sábado 18 de marzo, ás 12:00h.
Será o momento para coñecer de primeira as obras que optan, en distintas categorías, a obter o recoñecemento como mellor peza do bienio 2020-2022 realizada en Galicia. Todo esto no marco da factoría de Sargadelos que reúne o extraordinario edificio de Fernández –Albalat e o proxecto cultural de Isaac Díaz Pardo.
Se queres unha entrada, pídea a secretaria.direccion.etsac@udc.gal, poñendo no tema “Entrada Premios COAG”
Entregaranse por orde de chegada. Data límite de petición: Luns 13 de marzo, 14:00h
Deixa unha resposta