A Catedrática de Proxectos Pascuala Campos, recoñecida polo COAG pola súa traxectoria profesional

O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) ven de outorgar o Premio á Traxectoria Profesional da XX edición dos Premios COAG á arquitecta Pascuala Campos de Michelena .

Pascuala titulouse en 1968 na ETSA de Barcelona, exercendo a docencia na ETSAC na área de Proxectos Arquitectónicos. En 1995 acadou o grao de catedrática de Proxectos Arquitectónicos, sendo a primeira arquitecta que gañou tal posición académica no sistema universitario español.

A súa vida e obra desenvólvense arredor da cidade e provincia de Pontevedra onde concretou un traballo profesional identificado como rexionalismo crítico, sendo unha das persoas que contribuí á renovación da cultura arquitectónica da Galicia dos anos 70 do século pasado.

 

A Escola de Arquitectura da Coruña felicita a Pascuala por este merecido recoñecemento.