Sinatura de Convenio co Concello de Pontevedra

Reitor e alcalde de Pontevedra asinan un acordo marco para  a colaboración entrambas institucións. Na alcaldía de Pontevedra, este 17 de Xaneiro foi asinado un acordo que compromete a ambas partes no desenvolvemento de accións de interese común nos eidos que son propios da Escola de Arquitectura. Este é o primeiro paso na formulación dunha Cátedra de Deseño Urbano, que terá por foco a utilización da cidade de Pontevedra como argumento académico.

No acto púxose de manifesto a vocación da Escola de Arquitectura de servizo á sociedade, encontrando no Concello de Pontevedra o interlocutor apropiado para este obxectivo a través de accións que se queren innovadoras e exemplares. Reitor e Alcalde estiveron acompañados no acto polo Director da ETS de Arquitectura e pola Concelleira de Promoción da Cidade Anabel Gulías.