Conferencia “Villa Mairea”, Ciclo “Casas Modernas”na Academia Galega de Belas Artes

Prosegue o Ciclo de conferencias coordinado pola nosa profesora Luz Paz Agras “Casas Modernas”, encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 7 conferencias nas que se explicarán “aspectos básicos das leccións da arquitectura da Modernidade do século XX.

A segunda conferencia do Ciclo terá lugar o vindeiro día 20 na que o Dr. Arquitecto e académico  Celestino García Braña impartirá a charla “Villa Mairea”, construcción do ano 1939.

Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.