ProxectoTERRA – Seminario Xentes Espazos e Lugares

Xentes, Espazos, Lugares
A construción colectiva do Habitar

O ProxectoTERRA presenta a 2ª edición do seminario Xentes Espazos e Lugares. Grazas ao convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), a Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda e máis a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o ProxectoTERRA dá continuidade por medio destas tres xornadas ao seu programa cultural Xentes Espazos e Lugares, iniciado no ano 2008 na cidade de Vigo.

Ao longo das tres xornadas que conformarán este seminario contarase con experiencias inspiradoras e innovadoras, que porán sobre a mesa as diferentes miradas e críticas á situación actual e o modelo social que define os xeitos de habitar. Presentaranse exemplos que nos permitan proxectar as comunidades habitacionais do presente e do futuro, que afronten as diversas crises económicas e sociais actuais e que presenten solucións que poñan o coidado das persoas no centro do noso ollar.

Atopa toda a info aquí.