Maruša Zorec

Conferencia de Maruša Zorec o mércores 26 ás 13 horas no salón de actos

 

Maruša Zorec é coñecida fundamentalmente polas súas renovacións de edificios históricos, que transforma sutilmente realizando proxectos de «reestruturación » máis que procesos de «renovación» ou de «conservación». Ao reestruturar os edificios consegue que a historia adquira un novo sentido en contacto e convivencia cunha nova intervención, a través dun proceso selectivo e proyectual. Maruša esfórzase por descubrir diferentes capas do espazo e entender tanto o contexto como a historia, xa que a arquitectura non é máis que a acumulación e manifestación da memoria, persoal ou colectiva. A arquitectura pode descubrir o pasado, interpretar tradicións e construír lugares para sociedades, e tamén permite definir espazos nos que sentirse libre. Analizando a súa obra entendemos que o seu posicionamento discreto, e á marxe dos berros de tanta arquitectura ególatra, é necesario para unha sociedade que non necesita absorber máis personalismos nin tanta falta de empatía coas persoas e coa arquitectura atopada. Para coñecer a Maruša debemos acompañala visitando a Plečnik e toda a arquitectura eslovena dos anos sesenta e setenta, que estudou, especialmente a Oton Jugovec e a Edvard Ravnikar. As actividades de Maruša van desde escenografías ata intervencións urbanas, pero a súa maior admiración e goce está reservada á natureza.

Fundou o colectivo de arquitectos Arrea Arhitektura e é profesora na Escola de Arquitectura de Liubliana.

https://youtube.com/user/etsacoruna