A Axencia Estatal de Investigación ven de publicar a concesión dunha financiación de 139.000 euros ao proxecto de investigación LITHEUM, coordinado polo profesor Jorge Rodríguez Álvarez no marco do programa “Proxectos Estratéxicos Orientados a Transición Ecolóxica e a Transición Dixital”. Este proxecto desenvolverá un innovador modelo urbano de demanda de enerxía da edificación que estará integrado nunha plataforma online e que permitirá realizar estimacións dos efectos de políticas e plans de eficiencia enerxética nas cidades.
Proxectos Estratéxicos Orientados a Transición Ecolóxica e a Transición Dixital
Publicado en: bolsas
– 17 Outubro, 2022