LANZAMENTO GLOBAL DA PLACEMAKING WEEK PONTEVEDRA

Este xoves sete de xullo ás 19:30h presentarase no auditorio do Museo Nacional Reina Sofía de Madrid a Placemaking Week Europe Pontevedra.A ETSAC, xunto coa alcaldía de Pontevedra e autoridades do Placemaking estará presentes no evento. 

A Placemaking week  é un evento global, que este ano é acollido pola cidade galega, recollendo o testemuño de Amsterdam, Estocolmo e Valencia.

A ETSAC participará en diversas actividades deste Encontro-Festival, que do 27 ao 30 de setembro reunirá a máis de 400 persoas de distintos países reimaxinando e reinventando colectivamente os espazos públicos e o futuro urbano.