Colabora coa A Vila do Mañá

A Vila do Mañá busca xente para incorporación inmediata!

O proxecto “A Vila do Mañá” (www.aviladomaña.com) busca persoal para incorporación nas próximas datas ás súas actividades de verán de 2022 en diversos lugares de Galicia. 

“A Vila do Mañá” é un proxecto educativo dirixido pola arquitecta Sandra González Álvarez. Pretende que desde a infancia e a mocidade, e a través do xogo, se tome conciencia de tódalas escalas do común: a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo e a paisaxe, fomentando a participación protagónica como parte dunha cidadanía activa. 

Este chamado diríxese a persoas da comunidade ESTAC. “A Vila do Mañá” ofrece remuneración e condicións laborais segundo normativa vixente, incluíndo aloxamento nos lugares de realización dos talleres, de ser necesario. 

As persoas interesadas deberán dirixirse enviando datos de contacto e unha brevísima referencia curricular a sandra_gonzalez_alvarez@coag.es 

Data limite para recepción de candidaturas: 15:00h do sábado 9 de xullo. A ETSAC actúa como mera intermediaria nesta oferta.

Atopa máis info aquí.