Proxecto ESMAART

A proposta de investigación “ESMAART” (Enfoque Social para a Mellora Ambiental dos Asentamentos Rurais Tradicional) realizada por un equipo liderado por docentes e investigadores da ETSAC foi seleccionada na convocatoria Proxectos de Xeración de Coñecemento no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023.

O proxecto disporá dunha financiación de ata 100.670 € para desenvolver una unha investigación sobre a planificación e rexeneración de asentamentos rurais dende un enfoque circular e social, que teña en conta as necesidades locais e os valores paisaxísticos. A proxecto parte dunha visión na que os sistemas de prestación de servizos comunitarios (asistencial, de enerxía e de auga) e a introdución da perspectiva de xénero na súa planificación permitirán a rexeneración ambiental e social dos asentamentos rurais, proporcionando hábitats inclusivos e autosuficientes.

A comisión técnica que valorou a proposta salientou, ademais da súa rigorosidade e impacto, a xuventude, transdisciplinaridade e carácter internacional das 22 persoas que conforman o equipo de investigación, entre os que hai 11 docentes e 3 doutorandos da ETSAC, 3 investigadores da USC, amais de 2 colaboradores internacionais (Harvard e EPFL). O proxecto contempla tamén actividades abertas a toda a comunidade ETSAC, que serán levadas a cabo nos vindeiros cursos.