A ETSAC colaborará coas iniciativas do concello de Pontevedra

O pasado luns 30 de maio tivo lugar un encontro entre os membros do equipo directivo da nosa Escola e representantes do Concello de Pontevedra, entre eles, a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías. A reunión tiña por obxectivo sentar as bases nun protocolo que será asinado entre a escola e o concello para traballar en asuntos de interese común.

Como primeiro paso, os talleres do Mestrado Universitario en Arquitectura terán como localización de traballo tres zoas do concello pontevedrés, dentro dunha proposta que leva por título “Fogar Público“. O concello tamén anuncio que a escola terá un papel na organización da actividade Urbtopías, un programa impulsado polo concello que busca debatir cuestións relacionadas co modelo urbano e a cidade. A Escola foi invitada tamén a participar no evento Placemaking Week Europe que terá lugar os últimos días de setembro.

Atopa a nova aquí.