6th International Symposium Formal Methods in Architecture

Os vindeiros 25, 26 e 27 de maio próximos celebrarase na ETSAC o 6th International Simposium Formal Methods in Architecture.
Esta é unha reunión científica na que se aborda a utilización de procesos formais cuestionándose os límites das ferramentas dixitais existentes.
Os seus ámbitos científicos inclúen
  • a obtención, xestión e organización dixital de información,
  • as análises arquitectónica e urbana,
  • a representación, a visualización e o modelado dixital, así como
  • as realidades virtual e aumentada e as súas gramáticas e ontoloxías.
Trae destacados keynote speakers, entre eles Josep Muntañola, precursor na teorización dos métodos formais na arquitectura.
A organización do Simposio nos comunica que o prazo de inscrición para asistentes conclúe ás 23:59h do vindeiro venres 13 de maio.
Inscricións aquí
Atopa toda a info aquí