A colaboración da Escola co curso de verán Moving Boundaries 2022, dirigido por Tatiana Berger y Sergei Gepstein (NewSchool of Architecture and Desing, San Diego, University of Southern California), implica unha bolsa para que cinco dos nosos/as estudantes (5º Curso, MURA ou MUA) podan asistir ás clases e visitas que vanse impartir e realizar en Santiago de Compostela, no CGAC, do 21 ao 28 de Xullo.
Toda a información sobre MB pódese atopar aquí.
Aqueles que desexen optar a unha destas bolsas deben redactar unha breve carta de motivación, na que expliquen o seu interese en participar no curso, encabezada cos seguintes datos: Apelidos, nome/ DNI/ teléfono/correo electrónico.
A data límite para entregar esta carta (físicamente, en papel) será ás 14:30 h do día 13 de maio, na secretaría de dirección da Escola.
Para calquera dúbida sobre o curso ou a selección podedes contactar co profesor Fernando Agrasar.