Cara unha nova arquitectura europea

Nova Bauhaus Europea plantexase como unha iniciativa da Unión Europea para que a inversión en rehabilitación de edificios e renovación das cidades non se centre só “na eficiencia enerxertica” se non que permita un enfoque pluridisciplinar que, dende a arquitectura, busque a excelencia do deseño, mellorando a equidade social e a participación da sociedade.

O Colexio de Arquitectos de Galicia, en colaboración co Cluster da Saude de Galicia, a Escola de Arquitectura de A Coruña e o Grupo Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña, organizan a xornada Cara unha nova arquitectura europea, para analizar e difundir a Nova Bauhaus Europea e coñecer o actual enfoque das axudas europeas.

Marcos Ros, arquitecto, eurodeputado e membro da Comisión sobre a Nova Bauhaus Europea, abordará a trascendencia do programa e as posibilidades de inversión nun esquema no que o compromiso medioambiental para a transformación das cidades é o principal reto.  Ao remate da presentación iniciarase un coloquio con Cristina García, profesora da nosa Escola e Beatriz Piñeiro, quen coordinou a proposta presentada pola Xunta de Galicia na convocatoria para piloto para a Nova Bauhaus Europea.

No remate do acto ofrecerase un coctel-aperitivo. Por limitación de aforo, é necesaria a inscripción en novabauhaus@axendaurbana.gal