Reunión de MOBILIDADE NACIONAL e INTERNACIONAL 2022-23

REUNIÓN DE OBRIGADA ASISTENCIA para o alumnado de mobilidade NACIONAL  e INTERNACIONAL

Martes 19 de abril ás 12,00 h no espazo multiusos da planta -2.

1. DOCUMENTO DE RECOÑECEMENTO

Manterase o formato nun único A4 e os hipervínculos enlazaranse sobre o título de cada materia]. Este documento é de uso interno ETSAC, non sendo necesario entregalo na ORI. Neste documento relaciónanse as materias de ambas institucións e enlazaranse os contidos das materias de destino.

1.1 Cada alumno, a partir da información facilitada na convocatoria, deberá realizar unha busca online na universidade de destino, da materia ou conxunto de materias, que coincidan coas materias de orixe segundo as guías docentes. Enlazaranse mediante hipervínculos o contido das materias en destino sobre o título de cada materia, axustándoo ata que a solicitude de recoñecemento sexa aprobada.

1.2 Cada alteración de materias en destino (ou ben cambio de nome ou código) suporá alterar este documento e solicitar novamente a equivalencia, xerando un novo documento de recoñecemento e a modificación correspondente do Learning Agreement (só unha por semestre).

1.3 Insertarase unha fotografía recente e a sinatura escaneada do alumno

1.4 Gardarase tamén en formato pdf [ollo que o tamaño sexa reducido, <1Mb] ademáis de word e denominarase segundo o apartado 3.

 

2. CONTRATO DE APRENDIZAXE

2.1. BILATERAL · Contrato de aprendizaxe

2.2. ERASMUS · Learning Agreements (LA) por MoveON/EWP.

2.3 SICUE · Acordo académico SICUE

 

3. TRATAMENTO ONLINE DOS DOCUMENTOS

3.1 CORREO-E. Todos os documentos serán tratados a través de correo electrónico. Serán enviados a mobilidade.etsac@udc.es

3.2 ASUNTOS DA MENSAXE. Os asuntos das mensaxes indicaranse segundo:

2022.23_TIPO DE MOBILIDADE_DESTINO*_APELIDO1 APELIDO2, NOME
*segundo código moveon

exemplo (maiúsculas sen acentos): 2022.23_BILATERAL_UFRJ_ARIO MEVOY, PEPE

3.3 ADXUNTOS. Non se premitirán documentos adxuntos aos correos. Haberán de enlazarse sempre a través dun servizo online. Os documentos virán cubertos (word e PDF) e asinados polo interesado en formato PDF, e denominándoos do mesmo xeito que o asunto:

2022.23_TIPO DE MOBILIDADE_ DESTINO_APELIDO1  APELIDO2, NOME_M0_recoñecemento.pdf

exemplos (maiúsculas sen acentos):
2022.23_ERASMUS_POLIBARI_ARIO MEVOY, PEPE_M0_recoñecemento.pdf
2022.23_ERASMUS_POLIBARI_ARIO MEVOY, PEPE_M0_Learning.pdf

3.4 Os DOCUMENTOS ASINADOS pola coordinadora serán devoltos do mesmo xeito asinados dixitalmente, de modo que poidan entregarse onde corresponda. O proceso e denominación repetirase nas modificacións de contrato xa unha vez en destino.

4.5 IMPORTANTE: NON CUMPRIR OS CRITERIOS DE FORMATO PARALIZARÁ O PROCESO DE TRAMITACIÓN, SÓ TRAMITÁNDOSE OS QUE CUMPRAN OS REQUISITOS INDICADOS.