Xornadas de bioconstrución ESPIGA-ESF con conferencias de Gernot Minke e obradoiro de revestimentos de cal e trencadis a partir de mañá na nosa Escola.
III Xornadas de bioconstrución ESPIGA-ESF
Xornadas de bioconstrución ESPIGA-ESF con conferencias de Gernot Minke e obradoiro de revestimentos de cal e trencadis
III Xornadas de Bioconstrucción de ESPIGA en colaboración con ESF, que terán lugar na Universidade da Coruña.
Contaremos coa presenza do gran referente Gernot Minke, doutor arquitecto e enxeñeiro alemán, experto na teoría e práctica da bioconstrución que na súa longa traxectoria profesional se adicou á investigación sobre diversas técnicas construtivas e materiais. Así, poderemos gozar dunha ampla visión das súas achegas e innovacións no eido da bioconstrución.
Dous días de conferencias onde se exporán as técnicas de construción con terra, revestimentos de barro, construción con fardos de palla, cubertas verdes e xardíns verticais, tamén un debate con relatores adicados á investigación.
Obradoiro de revestimentos dirixido por Marta Salgado e Paloma Soriano. Executaranse revocos de cal e detalles coa técnica de trencadís no banco de cob (banCOB) realizado na primeira edición (2015). Tratarase de aprender a técnica e desenvolver a capacidade creativa.
Para asistir debes inscribirte INSCRIPCIÓN AS CONFERENCIAS
CONFERENCIAS
Lugar: Salón de graos da Escola Técnica Superior de Arquitectura – retransmisión en directo
XOVES 31 marzo.
16:00-17:00 A terra como material de construción, características e aplicación na arquitectura actual (1)
17:30-18:30 A terra como material de construción, características e aplicación na arquitectura actual (2)
18:45-19:30 Mesa redonda
VENRES 1 abril.
16.00-17:00 Construción con fardos de palla.
17:30-18:30 Cubertas vexetais e xardíns verticais.
19:00 Visita guiada ao obradoiro de revestimentos no banCOB (Campus de Elviña)
Atopa toda a info aquí.