En reunión celebrada o pasado 27 de xaneiro a Comisión de Cultura da ETSAC adheriuse por unanimidade ao manifesto promovido pola Asociación Cultural Irmans Suarez Picallo solicitando ante o parlamento galego a declaración como Ben de Interese Cultural do continente e do contido do complexo cultural do Museo Carlos Maside de Sada.
Pretendese así denunciar e reverter o estado de abandono que sufre o edificio, obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat e o espolio dos seus contidos, considerados expoñentes fundamentais da cultura da Galicia contemporánea.