Andrés Fernández-Albalat, Fillo Predilecto da cidade da Coruña

O Concello da Coruña distinguiu ao arquitecto Andrés Fernández-Albalat como Fillo Predilecto a título póstumo nun acto celebrado no Palacio Municipal o pasado luns 27 de decembro de 2022.
A declaración como fillo predilecto de Andrés Fernández-Albalat foi aprobada por unanimidade dos membros da Comisión de Honras e Distincións do Concello da Coruña e motivada pola petición da nosa escola, das que Fernández-Albalat foi profesor, á que tamén se adheriu o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, do que foi decano fundador. O Pleno municipal aprobou este nomeamento en outubro de 2020.