Alegacións ao Anteproxecto de Lei da Arquitectura de Galicia

Logo da apertura do Trámite de audiencia no procedemento de elaboración do Anteproxecto da Lei de Arquitectura de Galicia pola Xunta de Galicia obsérvanse unha serie de elementos preocupantes que sustentan as alegacións enviadas desde a Dirección da ETSAC dentro do estreito prazo concedido para este fin.

En primeiro lugar faise notar que o anteproxecto NON RECOÑECE o papel da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña na articulación da lei como organismo estreitamente vinculado á Arquitectura en Galicia o que resulta unha ausencia inaceptable.

Podes ver o anteproxecto da Lei da Arquitectura de Galcia aquí e as restantes alegacións contidas no documento enviado á Xunta aquí.