ACSUG avalía o Programa de Doutoramento

O Programa de doutoramento en Arquitectura e Urbanismo da UDC estase a someter a un proceso de renovación da acreditación por parte da ACSUG, Axencia para a Calidade do sistema Universitario de Galicia.

O vindeiro venres 26 de novembro de 2021 levarase a cabo unha visita virtual, cunha serie de audiencias con persoas dos diferentes perfís do Programa de doutoramento.

Ademáis, ponse á disposición o correo electrónico audiencia.publica@acsug.es  para que as persoas interesadas poidan dirixirse á Comisión de Avaluación antes de ditas audiencias.

Non se terán en conta os comentarios enviado por este medio si o remitente no está debidamente identificado: nome completo, perfil (estudiante, egresado, PDI, PAS, etc.) e titulación sobre a que quere expor o comentario.