Foro Avanza 2021

Nova edición do Foro Avanza da UDC. Un espazo para facilitar a transición ao mundo laboral.
Esta iniciativa pretende facilitar a transición ao mundo laboral do estudantado e das persoas egresadas de todos os estudos da Universidade da Coruña (graos, masters, posgraos e doutoramento) a través da mellora das competencias máis demandadas no mercado laboral, xunto coa a posibilidade de acudir a unha feira de emprego.
Podes consultar os obxectivos e o programa deste evento, que se compón dunha parte presencial de relatorios, obradoiros e experiencias de primeira man dos/as nosos/as egresados/as aquí e unha Feira Virtual de Emprego na que participan importantes firmas dos diferentes eidos de coñecemento durante as tardes dos días 10 e 11 de novembro aquí.