PROPOSTA DE ACTUACIÓN NA VALGADA DO CAMPUS DE LUGO

O obradoiro – concurso celebrado do 14 ao 18 de xuño no campus de Lugo, unha iniciativa da USC e da Deputación de Lugo xunto co Grao en Paisaxe, serviu para que os alumnos da EPS de Enxeñaría da USC e da ETSAC achegasen propostas tras traballar en grupo para poñer en valor o “corazón verde” do campus de Lugo.

O proxecto titulado “Revalgada” do equipo formado por Álvaro Alfaro, Alona Cegarra, Pablo López e Eva Pérez, todos alumnos da nosa Escola, foi o gañador do concurso “Posta en valor da valgada do Campus de Lugo”.

Esta mañá, xoves 28 de outubro, na EPSE de Lugo inaugurouse a exposición de traballo que da a coñecer as propostas presentadas. O proxecto  realizase únicamente como un traballo académico.

Parabéns!