Concurso de ideas para el nuevo edificio de la UDC “CITIC. Cidade das TIC”

Convócase o concurso de ideas dirixido a arquitectas/os e estudantes de Arquitectura, que propoñerán os seus deseños para o que será un dos edificios máis destacados da futura cidade da tecnoloxía: o novo CITIC da Universidade da Coruña.

As bases do concurso poden consultarse no arquivo que se xunta ao pé desta nova, e tamén na páxina web do CITIC, desde onde se terá acceso a toda a documentación complementaria para a elaboración das propostas.

O prazo está aberto até o 10 de novembro.